A comunidade de Mozilla en México ofrece soporte á tradución e localización do navegador Mozilla Firefox a 15 linguas indíxenas americanas entre as que se atopan, entre outras, o maia do Iucatán, o zapoteco e o náhuatl clásico.
Fonte: El Diario
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A comunidade de Mozilla en México ofrece soporte á tradución e localización do navegador Mozilla Firefox a 15 linguas indíxenas americanas entre as que se atopan, entre outras, o maia do Iucatán, o zapoteco e o náhuatl clásico.
Fonte: El Diario
A supresión da comunicación inicial en lingua galega do servizo de atención telefónica 010 leva ao grupo municipal do BNG a denunciar o incumprimento da normativa sobre normalización lingüística.
Fonte: La Opinión
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares Paz, asinaron un protocolo de colaboración para desenvolver un programa de actuacións dirixidas a promover e fomentar o uso da lingua galega en todos os ámbitos sociais.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha pescuda documental do especialista Xulián Maure Rivas proba que as letras "ñ" e "ll" son patrimonio da grafía galega desde a Idade Media.
Fonte: ValMiñor.info
"Verbena galega" é un proxecto de Culturactiva SCG para "galeguizar" as festas. Trátase dunha revisión do que é actualmente o concepto de verbena tratando de reinventalo e de actualizalo.
Fonte: Praza Pública
Finalmente Tuenti estrea aplicación para Windows Phone, que non só está dispoñible para as versións 7.5 e 8 do sistema operativo de Microsoft, senón que tamén é das poucas ferramentas para tal plataforma que pode empregarse en galego.
Fonte: Código Cero
O Goberno planea crear un exame oficial de lingua española e "integración na sociedade española" para os estranxeiros que soliciten a nacionalidade (fano uns 100 000 cada ano).
Fonte: El País
A empresa Tecopy desenvolveu un «xeoportal» en internet para a promoción integral do Camiño da Lingua Castelá, cuxo obxectivo é o fomento do ensino do castelán e os recursos patrimoniais, literarios e turísticos.
Fonte: La Opinión de Zamora
O gobernador de Cochabamba (Bolivia), Edmundo Novillo, resaltou a sinatura dun convenio para a construción en Cliza do Instituto de Lingua e Cultura da Nación Quechua “Tomás Katari”, segundo informou a Axencia Boliviana de Información.
Fonte: Los Tiempos
O Camões-Instituto da Cooperación e da Lingua Portuguesa inaugura un Centro de Lingua Portuguesa (CLP) na Universidade Estatal Ivane Javakhishvili de Tiflis (Xeorxia). Este CLP contará cunha biblioteca propia, dotada de materiais impresos, multimedia e audiovisuais, así como un espazo destinado ás clases de lingua e cultura portuguesas.
Fonte: DN Portugal
Subscríbase ao boletín