Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de marzo de 2013

    O uso da lingua rusa por parte dun representante do partido gobernante foi a causa dunha liorta entre un grupo de deputados do Parlamento ucraíno.

    Fonte: The Inquisitr

    22 de marzo de 2013

    A campaña de sensibilización “En alguerés, té més gust” ("En alguerés, presta máis"), un proxecto conxunto do Espai Llull da Generalitat de Cataluña en Alguer e o Concello desta localidade italiana, ten como obxectivo prioritario promover o uso social do catalán de Alguer.

    22 de marzo de 2013

    A voceira do PNV na Comisión de Educación do Senado, Ruth Martínez, pediulle ao Goberno central que impulse o ensino das linguas autonómicas cooficiais (éuscaro, catalán, valenciano e galego) “como materias optativas en todos os sistemas educativos do Estado”.

    Fonte: La Información

    22 de marzo de 2013

    A Asociación Galega de Editores deu a coñecer os galardoados da oitava edición destes premios, que teñen como obxectivo recoñecer o traballo editorial en lingua galega realizado polos seus membros ao longo do ano 2012.

    Fonte: Prolingua

    22 de marzo de 2013

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames convoca a décima edición deste certame literario, que ten como principal obxectivo promover os novos valores da literatura en lingua galega.

    Fonte: Prolingua

    22 de marzo de 2013

    Varios pobos indíxenas de Ecuador reclaman o cumprimento de normas constitucionais para que non desaparezan as súas linguas ancestrais. Mesmo o quechua, a segunda lingua oficial do país despois do castelán, corre ese perigo, dixo Fernando Cabascango, integrante da organización Quichuaestudio, que promove investigacións e o ensino dese idioma.

    Fonte: RPP

    22 de marzo de 2013

    Desde 2010, o servizo de tradución en liña Linguee é o dicionario electrónico coa maior base de datos do mundo e xa recibiu máis de mil millóns de consultas. Linguee lanza agora as combinacións portugués-español, portugués-francés e portugués-alemán, entre outras.

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    21 de marzo de 2013

    Google estrea en Europa o seu servizo de buscas de voos Google Flight Search que se ofrece en oito idiomas, incluídas as catro linguas oficiais no Estado español, ademais de inglés, italiano, francés e holandés.

    Fonte: Galicia Confidencial

    21 de marzo de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa na que se deu a coñecer a campaña "Vive a paixón", que ten entre as súas finalidades impulsar o uso do galego no marco da celebración da Semana Santa compostelá a través de diferentes actividades vinculadas ás tecnoloxías da información e da comunicación e ás redes sociais.

    21 de marzo de 2013

    Unha sentenza firme do Xulgado Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra deulle a razón a un veciño da cidade logo de que recorrese unha multa por aparcar nunha zona de carga e descarga que implicou tamén o traslado do seu vehículo nun guindastre e unha sanción de cen euros. O demandante alegou que a sinalización era "incorrecta" porque o panel vertical que prohibía o estacionamento e indicaba o horario de aparcadoiro estaba só en galego".

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder