Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de marzo de 2013

    As universidades privadas valencianas tomaron vantaxe na oferta de graos en inglés. Neste curso tanto o CEU-Universidade Cardenal Herrera como a Universidade Europea de Valencia imparten a carreira de Odontoloxía neste idioma, unha oferta de titulacións que o próximo curso ascenderá a seis.

    Fonte: Levante-emv

    21 de marzo de 2013

    O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña estimou parcialmente os recursos de Convivencia Cívica Catalá contra os regulamentos das deputacións de Lleida e Xirona, e anulou os artigos que establecían o uso “preferente” do catalán porque unha administración non pode determinar a priori o uso dun idioma por riba doutro cando ambos son oficiais.

    Fonte: 20 minutos

    20 de marzo de 2013

    Os habitantes da cidade irlandesa de Galway presentaron máis de 100 queixas denunciando as dificultades que teñen para accederen a servizos públicos por medio da lingua irlandesa. Estes datos foron extraídos do último informe elaborado pola Oficina da Lingua Irlandesa que mostra que se enviaron 109 reclamacións só no Condado de Galway.

    Fonte: Galway Independent

    20 de marzo de 2013

    Máis de 1000 mozas e mozos presentaron unha petición que esixe ao Concello da localidade galesa de Carmarthen e a outras autoridades facer o posible para que poidan vivir en galés.

    Fonte: This is South Wales

    20 de marzo de 2013

    O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou unha radiografía do sector editorial do Estado español. Segundo estes datos, en Galicia editáronse en 2012 un total de 2660 libros (o 45 % deles en lingua galega).

    Fonte: Letras en Obras

    20 de marzo de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao acto de nomeamento do profesor e académico da lingua galega Manuel González González como Fillo Predilecto do Concello de Mazaricos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de marzo de 2013

    A Xunta de Andalucía vai formar por primeira vez a policías locais en lingua de signos co obxectivo de mellorar a súa capacitación e a súa atención ás persoas xordas nos seus labores de seguridades e protección que realizan nos seus respectivos municipios.

    Fonte: Europa Press

    20 de marzo de 2013

    A Fundación do FC Barcelona e a Plataforma per la Llengua impulsaron unha guía lingüística para fomentar o uso do catalán entre os máis pequenos no mundo do deporte como vía de “inclusión e cohesión social”, con testemuñas de ex deportistas azulgrás e recoñecidos xornalistas.

    Fonte: La Vanguardia

    20 de marzo de 2013

    O Goberno de Afganistán anuncia o seu desexo de prohibir o uso do que chama “idiomas e dialectos estranxeiros” nos medios de comunicación afgáns. O Goberno tamén lle pediu ao Ministerio de Información e Cultura e ao Ministerio de Educación Superior que fagan un esforzo para incentivar os idiomas e dialectos nacionais.

    Fonte: Hispan TV

    19 de marzo de 2013

    O BNG de Ferrol pide que os concelleiros da corporación municipal cumpran coa obriga de expresarse en galego, tal e como recolle a Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística.

    Fonte: La Voz de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder