O grupo municipal do PP en Ourense «celebra» que o Goberno local tome o acordo de pedir a adhesión do Concello de Ourense á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta, cun centenar de concellos galegos xa integrados.
Fonte: La Voz de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O grupo municipal do PP en Ourense «celebra» que o Goberno local tome o acordo de pedir a adhesión do Concello de Ourense á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta, cun centenar de concellos galegos xa integrados.
Fonte: La Voz de Galicia
A Universidade da Coruña vén de poñer ao dispor da comunidade universitaria, vía intranet, un servizo de tradución automática que traballa con ata 14 pares de linguas.
Fonte: Universidade da Coruña
Asociacións en defensa do catalán, éuscaro e galego reuníronse no Congreso con distintos grupos parlamentarios para denunciar as consecuencias que provocaría a posta en marcha da reforma educativa e pedirlles que trasladen a “indignación” da sociedade civil.
Fonte: Deia
A plataforma de almacenamento de arquivos en liña Dropbox anunciou que está dispoñible en portugués brasileiro. Con esta nova incorporación, este servizo xa pode visualizarse en oito idiomas: inglés, francés, alemán, italiano, xaponés, coreano, español e portugués.
Fonte: Administradores
Etermax, a empresa responsable de Apalabrados, vén de anunciar que nos vindeiros días estará dispoñible a versión en lingua galega deste popular xogo, con orixe no Scrabble. Ata o de agora era posible formar palabras en inglés, francés, español, portugués, alemán, holandés, catalán ou éuscaro.
Fonte: Praza Pública
A Universidade de Santiago vén de editar un novo glosario trilingüe de termos, nesta ocasión sobre arquitectura de computadores. Con esta nova publicación, que reúne case 700 termos, preténdese ofrecer un material de referencia que facilite o emprego do galego nas actividades de ensino/aprendizaxe pero tamén nas divulgativas e aínda nas investigadoras.
O Concello de Vigo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, organiza o maratón de actividades "Alumea a túa lingua!", para conmemorar o 150 aniversario da publicación en Vigo dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
Fonte: CTNL
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos actos conmemorativos do 96.º aniversario do pasamento do vate bergantiñán, organizados pola Fundación Eduardo Pondal en colaboración co Concello da Coruña.
Fonte: Xunta de Galicia
A comunidade educativa vasca conta xa co corpus de éuscaro máis grande xamais elaborado cun total de 204,9 millóns de palabras. Elaborado polo Instituto do Éuscaro da Universidade do País Vasco está dispoñible en liña a través de www.ehu.es/etc.
Fonte: El Correo
Plataforma pola Lingua rexistrou un total de 501 queixas polas deficiencias de atención lingüística escrita ou oralmente en catalán en comercios, empresas e establecementos e tamén por incumprimentos do dereito do consumidor en materia de etiquetaxe.
Fonte: Europa Press
Subscríbase ao boletín