Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de marzo de 2013

    A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) demandou que se garanta que os alumnos adquiran "unha competencia plena" en lingua galega ao finalizar a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

    Fonte: Galicia Hoxe

    19 de marzo de 2013

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comunicou a decisión do Goberno galego de asumir as distintas sentenzas xudiciais sobre o Decreto do plurilingüismo, que avalan o equilibrio lingüístico e a ambición de incorporar unha terceira lingua á Educación Pública e que o consideran conforme á Lei de normalización lingüística aprobada por unanimidade en 1983.

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de marzo de 2013

    A principal novidade que incorpora o portal é a sección Komunitatea, que lles permite aos docentes de Formación Profesional subir á web o material xerado por eles mesmos en éuscaro e compartilo. Ese material, pertencente á totalidade das familias de FP, está a disposición de calquera usuario de forma libre e gratuíta.

    Fonte: Euskara

    18 de marzo de 2013

    Por primeira vez en case 20 anos, escolas públicas de Gaza apréndenlles hebreo aos seus alumnos e a demanda supera xa o número de profesores cualificados. Trátase dun programa de ensino desta lingua promovido pola multitude de palestinos que aprenderon hebreo durante anos de traballo en Israel.

    Fonte: The Christian Science Monitor

    18 de marzo de 2013

    O deputado ecoloxista do departamento bretón de Morbihan, Paul Molac, lamentou nun comunicado que a reforma da Constitución presentada polo Goberno francés non incluíra a ratificación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

    Fonte: Libération

    18 de marzo de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo titular do departamento de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer no Museo de Pontevedra o XXI volume dos Cadernos Ramón Piñeiro titulado “Correspondencia habida entre Xosé Mª Álvarez Blázquez e Isidoro Millán González-Pardo”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de marzo de 2013

    O Concello de Santiago de Compostela, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, convoca o I Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial, baixo o lema "Brilla con novas ideas, en galego". Trátase dunha iniciativa pioneira coa que persegue achegar un incentivo para a galeguización tanto das empresas como dos establecementos comerciais e hostaleiros da cidade.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    18 de marzo de 2013

    As Xuntas Xerais de Biscaia aprobaron unha proposta de Bildu para que a Deputación garanta o uso do éuscaro por parte das empresas que reciban subvencións forais.

    Fonte: El Mundo

    18 de marzo de 2013

    A 18 edición da Korrika comezou en Andoain, onde Okar Elizburu, membro do consello reitor de AEK, salientou que, “sen normalización lingüística non pode haber normalización social” e que “o éuscaro é un medio imprescindible para a convivencia”.

    Fonte: Diario Vasco

    16 de marzo de 2013

    "Lingua e teatro itinerante" é o nome do proxecto cultural ao que se adhiren os concellos sardos de Uri, Usini, Olmedo, Putifigari, Ploaghe, Ossi, Tissi, Codrongianos e Muros e que ofrece animación teatral en lingua sarda para o alumnado entre os 11 e os 14 anos.

    Fonte: La Nuova Sardegna

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder