Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de marzo de 2013

    O ministro de Educación brasileiro, Aloízio Mercadante, declarou en Lisboa que o Goberno quere estimular a formación de investigadores inscritos no Programa Ciencia sen Fronteiras para que teñan proficiencia en idiomas estranxeiros, como o inglés, alemán, chinés mandarín e francés.

    Fonte: Terra

    16 de marzo de 2013

    O 21 % das institucións educativas públicas do Perú ofrece o servizo de Educación Intercultural Bilingüe (EIB) a case un millón de nenas e nenos indíxenas que falan algunha das linguas orixinarias, informou o Ministerio de Educación do país andino.

    Fonte: Pachamama

    15 de marzo de 2013

    O Parlamento de Timor Leste retomou a realización mensual dunha sesión plenaria en portugués co fin de dar cumprimento á decisión tomada en febreiro polos líderes das bancadas parlamentarias.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    15 de marzo de 2013

    O ministro de Cultura de Andorra, Albert Esteve, e a socióloga Estel Margarit presentaron o traballo "O escenario sociolingüístico da poboación escolar de Andorra" do curso 2011-2012. O estudo mostra que a lingua máis habitual do alumnado é o catalán cun 58 % e predomina un rexistro bilingüe. No ámbito familiar, o catalán é tamén a lingua máis falada. O estudantado fai tamén unha lectura positiva do plurilingüismo: un 96 % considera que é beneficioso empregar varias linguas, tanto desde o punto de vista social como laboral.

    15 de marzo de 2013

    A iniciativa, que inclúe diferentes certames (fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía, teatro e música), está deseñada para fomentar o uso do galego nas actividades propias da mocidade, así como para incentivar a reflexión sobre a situación actual do idioma.

    Fonte: Prolingua

    15 de marzo de 2013

    O Servizo de Normalización Lingüística do Grove, pertencente á Concellería de Novas Tecnoloxías, pon en marcha un curso de lingua galega para inmigrantes ou estranxeiros.

    Fonte: Faro de Vigo

    15 de marzo de 2013

    O Casal Social do Xordo de Manresa e a Fundación Althaia asinaron un acordo para organizar o primeiro curso de lingua de signos catalá en liña. Segundo informaron os organizadores do curso, trátase da primeira vez en España que se fará un curso de lingua de signos por internet.

    Fonte: Tecnosord

    15 de marzo de 2013

    Aplica’t é unha aplicación en lingua catalá dedicada á análise de dúbidas, dificultades e incorreccións, con explicacións e equivalencias en castelán e inglés. A aplicación axudará aos usuarios a ampliar o seu vocabulario e a mellorar a precisión léxica mediante exercicios e actividades interactivas.

    14 de marzo de 2013

    A Xunta non recorrerá, finalmente, a sentenza emitida polo Tribunal Superior de Xustiza con respecto ao decreto do plurilingüismo deseñado polo Executivo durante a súa primeira lexislatura.

    Fonte: El País

    14 de marzo de 2013

    A iniciativa "Café de idiomas" consiste en concertar encontros entre persoas interesadas en practicar algunha lingua estranxeira. A idea é que os participantes se reúnan para manter conversacións informais á vez que melloran «a súa competencia lingüística en diferentes idiomas».

    Fonte: La Voz de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder