Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de marzo de 2013

    O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiron na Coruña ao acto de ingreso na Real Academia Galega como membro numerario de Xosé Fernández Ferreiro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de marzo de 2013

    Badoo é unha das redes sociais de citas máis importantes do mundo e conta con máis de 170 millóns de usuarios. Desde a súa creación, fóronse incorporando idiomas ata ofrecer os seus servizos en 40 linguas distintas. “Actualmente hai máis de dez millóns de persoas no mundo que falan catalán”, explican no seu blog, por este motivo decidiron engadir a lingua catalá no seu portal.

    Fonte: El Periódico

    11 de marzo de 2013

    O Departamento de Educación, Política Lingüística e Cultura vai recoñecer, a través de Habe, as certificacións académicas dos niveis básicos de éuscaro A1 e A2 do Marco Europeo para as Linguas, integrándoos no Currículo Básico para a Euscaldunización de Adultos.

    Fonte: Europa Press

    10 de marzo de 2013

    O comisario europeo de Desenvolvemento recibirá responsables gobernamentais portugueses, así como a presidenta do Instituto Camões, para presentar o recentemente creado Camões, Instituto da Cooperación e da Lingua que ten como obxectivos, entre outros, propor e executar a política de ensino e divulgación da lingua e cultura portuguesas no estranxeiro.

    Fonte: Diário Digital

    08 de marzo de 2013

    O Ministerio de Cultura francés constituíu un comité consultivo para a promoción das linguas rexionais co fin de "redefinir unha política pública a favor da diversidade lingüística".

    Fonte: Eitb

    08 de marzo de 2013

    Con motivo da semana do gaélico irlandés, varias actividades, que teñen como fin a aprendizaxe da lingua, terán lugar por primeira vez no leste de Belfast, de maioría protestante.

    Fonte: Belfast Telegraph

    08 de marzo de 2013

    Co fin de facer máis visible a lingua friulana e promover o seu uso, o Concello de Udine presenta dúas iniciativas no ámbito da comunicación e a información públicas: “Udin par furlan” e “Furlan in Comun”.

    Fonte: Il Friuli

    08 de marzo de 2013

    O Goberno de Panamá e o Instituto Cervantes asinaron un acordo para a celebración do VI Congreso Internacional da Lingua Española do 20 ao 23 de outubro na capital panameña, baixo o lema "O español no libro: do Atlántico ao Mar do Sur".

    Fonte: Cañasanta

    08 de marzo de 2013

    Entidades e asociacións cívicas do movemento Enlazados pola Lingua fixeron un chamamento a apoiar as manifestacións simultáneas convocadas para o sábado, 9 de marzo, en todo o territorio dos Países Cataláns en defensa do catalán.

    Fonte: 20 minutos

    08 de marzo de 2013

    Un grupo de profesores e de defensores da lingua asturiana concentrouse no centro de Oviedo para pedir a “dignificación” deste idioma como materia na nova Lei de educación.

    Fonte: La Nueva España

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder