Edi.cat desenvolveu catro aplicacións en catalán de diferentes temáticas para dispositivos Apple e Android. “Saír do armario lingüístico” é unha guía práctica que dá consellos lóxicos e realizables sobre como se pode mellorar a conduta lingüística, eliminar prexuízos, aprender a vivir en catalán sen traumas e contribuír ao avance social da lingua.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Viceconsellería de Política Lingüística puxo a disposición os seguintes produtos: o corrector ortográfico Xuxen para dispositivos móbiles, plugins actualizados dos dicionarios Elhuyar e cinco vídeos que amosan como instalar o software básico de éuscaro.
Fonte: Euskara
O número de auxiliares de lingua chinesa está incrementándose nas escolas escocesas despois de varios anos de declive. O Consello Británico de Escocia declarou que se duplicaron as solicitudes de persoal docente desta lingua grazas ao auxe que está a experimentar a aprendizaxe dos dialectos mandarín e cantonés en Escocia.
Fonte: Herald Scotland
En dous anos, os fondos da rexión italiana de Friuli-Venecia Giulia para a Axencia Rexional para a Lingua Friulana (Arlef) reducíronse á metade.
Fonte: Messaggero Veneto
Os servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organizan a décima edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras, que ten como principal obxectivo promover a reflexión e dinamización lingüísticas no ámbito universitario.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) fai un novo chamamento para recoller ideas, maduralas e poñer a andar proxectos normalizadores de maneira colaborativa... A vindeira xuntanza do Viveiro de propostas normalizadores terá lugar o 29 de maio.
Fonte: CTNL
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Casares Long, asinaron un convenio de colaboración para o fomento do uso do galego entre os membros da comunidade educativa desta universidade.
Fonte: Xunta de Galicia
Para engadir o galego a Mezcladitos, dende Etermax tiraron proveito do traballo da empresa compostelá Cilenis, que xerou a listaxe de palabras en galego para o xogo Apalabrados, mellorando as posibilidades lúdicas desta lingua a través de aplicacións desta compañía que destaca pola súa sensibilidade ante a diversidade lingüística.
Fonte: Código Cero
A viceconselleira de Educación, Arantza Aurrekoetxea, explicou que o Goberno vasco traballa nunha proposta de revisión do sistema de modelos lingüísticos dirixida a que os alumnos melloren as súas competencias en éuscaro ao finalizar do ensino obrigatorio.
Fonte: El Mundo
O Concello de Barañáin deu un paso importante no dereito dos cidadáns vascoparlantes a ser atendidos en éuscaro pola súa entidade local. O Pleno aprobou a inclusión de novos perfís lingüísticos en 23 postos do seu cadro de persoal orgánico municipal.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín

