Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de xaneiro de 2013

    Galicia celebra o centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego, unha das figuras de referencia para o desenvolvemento da cultura galega no século XX.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de xaneiro de 2013

    O concello de Bilbao pretende, coa entrada do novo ano, achegar os mellores espectáculos en éuscaro a nenos e nenas así coma a persoas adolescentes, da man da novena edición do programa “Ikusi eta Ikasi”.

    Fonte: Deia

    10 de xaneiro de 2013

    O Goberno de Taiwán debe facilitar o acceso á aprendizaxe da lingua vietnamita debido aos crecentes lazos con Vietnam e a que cada vez a poboación vietnamita é maior en Taiwán.

    Fonte: Focus Taiwan

    09 de xaneiro de 2013

    O Valedor do Pobo admitiu a trámite a queixa presentada polo BNG de Santiago ante a negativa do Goberno local do PP de usar a lingua galega na promoción da cidade a través das redes sociais Facebook e Twitter.

    Fonte: La Región

    09 de xaneiro de 2013

    O Consello da Cultura Galega presenta no Parlamento de Galicia a primeira versión en galego da “Constitución Política da Monarquía Española promulgada en Cádiz o 19 de marzo de 1812” e do “Discurso preliminar” lido nas Cortes de Cádiz ao presentar o proxecto.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    09 de xaneiro de 2013

    Nun momento no que dominar varias linguas pode ser un valor diferencial á hora de introducirse no mercado laboral, os membros da comunidade universitaria e o público en xeral poden acceder a un amplo catálogo de cursos de idiomas en diferentes niveis adaptados ás necesidades dos interesados.

    Fonte: Universidade de Vigo

    09 de xaneiro de 2013

    Política Lingüística publica a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para as probas de Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, destinados a persoas adultas e a colectivos.

    Fonte: CTNL

    09 de xaneiro de 2013

    Os croatas usan o alfabeto latino, mentres que a maioría dos serbios usa o cirílico, porén, ambos comparten a mesma lingua. Por este motivo, o Goberno croata decidiu introducir sinais escritas en alfabeto latino e cirílico para respectar os dereitos lingüísticos dos serbios da vila de Vukovar.

    Fuente: BBC

    09 de xaneiro de 2013

    É posible que os bebés comecen a aprender as súas linguas maternas antes de ver as caras das súas nais. Segundo os investigadores, os bebés acabados de nacer reaccionan de forma distinta aos sons vocálicos da súa lingua materna e aos de linguas estranxeiras, o que suxire que a aprendizaxe comeza no ventre materno.

    Fonte: Science News

    09 de xaneiro de 2013

    Un veciño de Almenara (Castellón), Carles Mateu, foi xulgado tras unha denuncia interposta contra el pola Garda Civil por desordes públicas nun control de rutina, aínda que el asegurou que foi por expresarse en valenciano antes os axentes.

    Fonte: El Mundo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder