Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de xaneiro de 2013

    O español é xa o segundo idioma máis utilizado na rede social dos 140 caracteres, só por detrás do inglés e por diante do portugués e o xaponés.

    Fonte: El País

    15 de xaneiro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada nos seus secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, respectivamente, inaugurou en Lalín a mostra multimedia interactiva sobre Celso Emilo Ferreiro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de xaneiro de 2013

    O vindeiro mes de marzo a Galipedia celebra o seu décimo aniversario e para tal celebración están a organizar distintas actividades por toda Galicia entre as que destacan especialmente obradoiros de edición en creación de contidos na Wikipedia en galego.

    Fonte: Código Cero

    15 de xaneiro de 2013

    Segundo os defensores da lingua galesa, necesítase acción urxente para manter a lingua viva nas comunidades en Gales, desde Wrexham ata o noroeste do país.

    Fonte: Daily Post

    15 de xaneiro de 2013

    Os teléfonos incorporarán un teclado en lingua birmana na pantalla que, segundo a compañía, é o máis avanzado ata o de agora.

    Fonte: BBC

    15 de xaneiro de 2013

    Softcatalà é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa na difusión da lingua catalá no sector informático relacionado con internet e as novas tecnoloxías. En 2012, a súa páxina web rexistrou 24 102 024 visitas e 826 151 descargas de software en catalán desde esta.

    Fonte: Finanzas

    15 de xaneiro de 2013

    O Concello de Anoeta puxo en marcha co inicio do novo ano un curso de éuscaro para inmigrantes.

    Fonte: Diario Vasco

    14 de xaneiro de 2013

    O Centro Veciñal e Cultural de Valadares está a traballar na elaboración dun mapa toponímico e unha árbore xenealóxica desde 1900 de toda a parroquia e os seus habitantes.

    Fonte: La Voz de Galicia

    14 de xaneiro de 2013

    O equipo de Windows anunciou que Windows 8 estará dispoñible en 14 linguas novas, o que fai un total de 109.

    Fonte: Brecorder

    14 de xaneiro de 2013

    A Wikipedia falada en linguas nativas da India é un proxecto que pretende dar voz á comunidade india e crear un dominio de información relacionado co país e as súas linguas a través de gravacións sonoras de artigos (en varias linguas nativas da India).

    Fonte: India Express

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder