Un cuarto das 154 linguas indíxenas aínda vivas no Brasil está ameazado de extinción, xa que contan con menos de cen falantes, alerta un relatorio realizado polo Museo Paraense Emilio Goeldi.
Fonte: Terra
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un cuarto das 154 linguas indíxenas aínda vivas no Brasil está ameazado de extinción, xa que contan con menos de cen falantes, alerta un relatorio realizado polo Museo Paraense Emilio Goeldi.
Fonte: Terra
O manifesto máis recente do bretonismo chama á unidade de todas as forzas vivas do país para avanzar cara a un novo escenario de autogoberno. O texto reclama respostas "positivas e concretas" do Goberno francés entre as que se inclúen a ratificación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.
Fonte: Nationalia
O voceiro do grupo municipal do BNG, Antón Bao, reclamou por parte do Concello de Lugo "unha discriminación positiva" a prol das empresas que utilicen o galego "á hora de conceder as axudas do Plan Urban", financiado con fondos europeos, "para a rotulación de establecementos".
Fonte: ABC
Os galegos teñen nas súas mans levar a defensa e conservación do seu idioma propio máis alá da morte, ou polo menos así o considera e procura a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.
Fonte: Faro de Vigo
O servizo de intérpretes de lingua de signos española que presta a Federación Estremeña de Asociacións de Persoas Xordas (FEXAS) cumpriu 10 anos durante os que prestou 27 691 servizos en toda a rexión, segundo informou a federación estremeña nun comunicado.
Fonte: ABC
O grupo municipal de IU-LV de Xixón denunciou que desde a chegada do equipo de goberno (Foro) á Alcaldía produciuse un gran retroceso na normalización da lingua asturiana na cidade. O voceiro da coalición, Jorge Espina, advertiu en rolda de prensa que Foro incumpre a ordenanza municipal aprobada en materia de normalización lingüística.
Fonte: La Nueva España
Nun intento por romper coas diferenzas socioeconómicas, o Goberno de Vietnam iniciará un programa piloto de ensino bilingüe para as minorías étnicas que non falen vietnamita, a lingua oficial do país asiático.
O alcalde anglófono da cidade quebequesa de Montreal e o líder francófono da oposición rexeitaron unha petición para que a cidade quebequesa de Montreal se converta nunha municipalidade bilingüe.
Fonte: Global News
O gaélico escocés está moi presente na rede grazas ao paciente traballo dunha comunidade lingüística activa e, especialmente, ao labor de Michael Bauer, tradutor independente que no seu tempo libre traduciu numerosos programas e publicou varias ferramentas lingüísticas en liña.
Fonte: ActuaLitté
Un estudo publicado polo Instituto luxemburgués de Estatística e Estudos Económicos (Statec) revela que máis de dous terzos da poboación luxemburguesa fala a lingua vernácula no traballo, na escola e na casa. A esta lingua séguelle o francés, que o emprega máis da metade da poboación, e o alemán, falado por case un terzo dos luxemburgueses. O inglés e o portugués están igualados, é dicir, unha de cada cinco persoas fala unha destas dúas linguas.
Fonte: Le Quotidien
Subscríbase ao boletín