Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de xaneiro de 2013

    Baixo o lema ‘Parla’m en valencià’ (Fálame en valenciano) impúlsase de novo a riqueza da lingua da Comunidade a través do seu vehículo natural: a comunicación entre cidadáns. A localidade de Almussafes organiza este programa gratuíto, educativo e cultural por terceiro ano consecutivo, dado o éxito do que gozou nas anteriores edicións.

    Fonte: Las Provincias

    30 de xaneiro de 2013

    A Inspección da Lingua Estoniana (Keeleinspektsioon) multou 67 axentes de policía do nordeste de Estonia, unha área cunha gran comunidade de falantes de ruso, por ter un coñecemento pobre da lingua oficial.

    Fonte: Rapsi News

    29 de xaneiro de 2013

    O novo director de Educación na Samoa Americana anunciou a existencia de plans para que os primeiros anos escolares se desenvolvan na lingua local.

    Fonte: Radio Australia

    29 de xaneiro de 2013

    Un estudo promovido polo Goberno vasco amosa que a maioría dos escolares de 4º de Primaria e 2º de ESO usan fundamentalmente o castelán fóra das aulas, aínda que no caso dos primeiros a tendencia se inverte cando están en clase.

    Fonte: Deia

    29 de xaneiro de 2013

    O Parlamento turco aprobou unha lei que permite o uso da lingua kurda nos tribunais. Con esta decisión, o Goberno pretende avanzar nas negociacións de paz co líder dos Traballadores de Kurdistán, que está preso.

    Fonte: Euronews

    29 de xaneiro de 2013

    A música é un gran vehículo para promover o uso do galego entre a xente nova e ese é o obxectivo que se propuxo a Concellería de Normalización de Pontevedra con este programa no que participa Aid, cantante e compositora de hip-hop e música urbana.

    Fonte: La Voz de Galicia

    29 de xaneiro de 2013

    Ramón Nicolás botou a andar o Taboleiro do Libro Galego. O proxecto achegará unha listaxe semanal das obras máis vendidas en galego, atendendo ás categorías de Narrativa, Poesía, Ensaio-Teatro, Literatura Infantil e Xuvenil, Banda Deseñada e mais Álbum Ilustrado.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    29 de xaneiro de 2013

    A proximidade das datas de matriculación fixo que Garean reunise varios colectivos coa idea de “animar a apuntar os nenos e nenas nos centros onde se imparta o modelo D, de ensino en éuscaro”.

    Fonte: Noticias de Navarra

    28 de xaneiro de 2013

    Suponse que foi a lingua falada por Xesucristo e os seus discípulos hai máis de 2000 anos, pero agora o arameo, unha lingua antiga relacionada co hebreo e o árabe, atópase ao borde da extinción debido a que o número de falantes nativos en todo o mundo se reduciu notablemente.

    Fonte: Daily Mail

    28 de xaneiro de 2013

    Euskalapps.net encárgase de recompilar as aplicacións en éuscaro tanto para os consumidores como para os creadores.

    Fonte: EITB

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder