Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de marzo de 2013

    Segundo o diplomático Francisco Seixas da Costa, Brasil é o país que pode "ofrecer maior esperanza a respecto da promoción da lingua portuguesa" grazas á súa crecente consolidación no panorama mundial.

    Fonte: Expresso

    01 de marzo de 2013

    Nun territorio que é un lugar de cruzamento entre Oriente e Occidente crébase a distancia entre dúas linguas: portugués e chinés. A segunda edición do Festival Literario de Macau (China) conta con máis de 30 autores lusófonos e chineses, da literatura ao cinema pasando pola música e as artes plásticas.

    Fonte: Público

    01 de marzo de 2013

    A Universidade de Vigo convoca catro bolsas de formación na súa Área de Normalización Lingüística (ANL) destinadas á formación complementaria do estudantado, que participará nas actividades de dinamización lingüística e formación que se desenvolven na ANL.

    Fonte: CTNL

    01 de marzo de 2013

    O director xeral de Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Pedro Benzal, acompañado polo delegado territorial de Educación, Cultura e Deporte, Vicente Zarza, inaugurou no IES La Arboleda de Lepe unhas xornadas de formación dirixidas ao profesorado que imparte portugués como segunda lingua estranxeira en seis institutos de ensino secundario de Ayamonte, Isla Cristina e Lepe.

    01 de marzo de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocará 140 prazas para a realización de itinerarios formativos para a mellora das competencias lingüísticas e comunicativa do profesorado.

    Fonte: Xunta de Galicia

    28 de febreiro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer na Coruña o novo Dicionario de alimentación e restauración galego-castelán-inglés, elaborado polo Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica Galega TERMIGAL, no que colaboran a Xunta de Galicia e a Real Academia Galega (RAG).

    Fonte: Xunta de Galicia

    28 de febreiro de 2013

    A convocatoria do Premio “Rosalía de Castro” de Lingua e Cultura está destinada a recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias, de persoas individualmente, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico e cultural galego.

    Fonte: Boletín Oficial da Provincia da Coruña

    28 de febreiro de 2013

    Xosé Luís Méndez Ferrín presentou a súa dimisión como presidente da Real Academia Galega (RAG). Fíxoo por carta, á comisión executiva da institución e aos membros numerarios. Tamén renuncia á súa condición de membro numerario da RAG.

    Fonte: Culturagalega.org

    28 de febreiro de 2013

    O obxectivo é que, se o cliente e o empregado dunha tenda coñecen o éuscaro, teñan unha conversa neste idioma. O Concello puxo en marcha unha campaña en 191 establecementos nos que hai empregados que falan éuscaro para fomentar as relacións comerciais nesta lingua.

    Fonte: Diario Vasco

    28 de febreiro de 2013

    Co apoio de Innovación Educativa e da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Navarra, desenvolveuse Lingua 2.0, un portal de axuda e consulta permanente en español e inglés no ámbito académico e profesional destinado a toda a comunidade universitaria e a todas as persoas que queiran desenvolver as súas habilidades comunicativas.

    Fonte: Universia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder