Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de marzo de 2013

    Antes do estalido da violencia étnica no sur de Kirguizistán en 2010, as escolas uzbecas deste país asiático xa case non recibían financiamento. Mais, nos últimos dous anos, o peche destas escolas non fixo máis que acelerarse.

    Fonte: EURASIANET

    06 de marzo de 2013

    A oficina consultiva da lingua francesa do Quebec (Conseil Supérieur de la langue française, CSLF) declarou que o estado do francés na provincia canadense é delicado, especialmente na rexión de Montreal.

    Fonte: CBC News

    06 de marzo de 2013

    O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) deste instituto persegue con este certame recoñecer a importancia dos blogs como ferramenta didáctica e a súa utilidade para a motivación do alumnado e tamén fomentar o emprego activo das TIC e a creación de espazos positivos para o galego, amais de aumentar o uso desta lingua na rede.

    Fonte: Código Cero

    06 de marzo de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou, mediante publicación no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.xunta.es/linguagalega), unha nova edición dos cursos en liña preparatorios para as probas de certificación de lingua galega no nivel Celga 1.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de marzo de 2013

    O Museo Arqueolóxico de Alacant impulsa a integración cultural das persoas xordas a través de percorridos impartidos por guías con discapacidade auditiva. O Departamento de Didáctica do museo desenvolveu esta novidosa iniciativa en colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Alacant –APESOA- co obxectivo de mellorar a calidade de vida e favorecer a autonomía e integración deste colectivo nos distintos ámbitos sociais.

    06 de marzo de 2013

    O Clube Xeitu convoca o 5º Certame Literario en Patsuezu ‘Guzmán álvarez’, co que se pretende a revitalización da lingua vernácula da montaña occidental astur-leonesa, ademais do fomento da creación literaria nesta e a súa divulgación.

    Fonte: León Noticias

    05 de marzo de 2013

    O único Estado oficialmente cuadrilingüe de Europa, Suíza, conmemorou estes últimos días o 75 aniversario da declaración do romanche como lingua nacional do país. Porén, esta declaración non comportou automaticamente a oficialidade do idioma que tivo que esperar ata o ano 1996.

    Fonte: Nationalia

    05 de marzo de 2013

    A finais do século XXI, os oito países falantes de lingua portuguesa (Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe e Timor Leste) terán unha poboación de 350 millóns de persoas, 100 millóns máis dos actuais 250 millóns (dos que máis de 190 millóns son brasileiros).

    Fonte: Opera Mundi

    05 de marzo de 2013

    A revista vén sendo publicada desde 1990, e ten como obxectivos promover a investigación sobre a lingua galega e darlles publicidade aos aspectos lingüísticos considerados de maior relevancia no momento da súa publicación.

    05 de marzo de 2013

    A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia "un novo caso de discriminación lingüística" no Sergas, no que, supostamente, un paciente "foi obrigado a atrasar a súa operación" por escoller utilizar o galego.

    Fonte: Faro de Vigo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder