Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de marzo de 2013

    O Goberno de Panamá e o Instituto Cervantes asinaron un acordo para a celebración do VI Congreso Internacional da Lingua Española do 20 ao 23 de outubro na capital panameña, baixo o lema "O español no libro: do Atlántico ao Mar do Sur".

    Fonte: Cañasanta

    08 de marzo de 2013

    Entidades e asociacións cívicas do movemento Enlazados pola Lingua fixeron un chamamento a apoiar as manifestacións simultáneas convocadas para o sábado, 9 de marzo, en todo o territorio dos Países Cataláns en defensa do catalán.

    Fonte: 20 minutos

    08 de marzo de 2013

    Un grupo de profesores e de defensores da lingua asturiana concentrouse no centro de Oviedo para pedir a “dignificación” deste idioma como materia na nova Lei de educación.

    Fonte: La Nueva España

    08 de marzo de 2013

    As entidades asinantes do escrito achegan un compendio de recomendacións e propostas dirixidas a facer unha auténtica defensa dos sinais de identidade valencianos.

    Fonte: El Periodic

    08 de marzo de 2013

    O Valedor do Pobo instou o Concello de Redondela a que actúe para obrigarlle á empresa concesionaria da piscina municipal a que cumpra coa Ordenanza Reguladora do Uso do Galego no recinto deportivo.

    Fonte: Faro de Vigo

    07 de marzo de 2013

    As Xeiras sobre a lingua galega naceron no ano 2009 para dar a coñecer a situación da lingua galega nos diferentes ámbitos da cultura e da sociedade.

    Fonte: Universidade de Vigo

    07 de marzo de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 113 axudas para que os universitarios que estean a estudar na nosa Comunidade Autónoma realicen estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2013, co obxecto de coñecer a lingua oficial dese país.

    Fonte: Xunta de Galicia

    07 de marzo de 2013

    “Cento cincuenta anos despois, Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, segue a ser un referente compartido, unha obra de interese xeral con infindas posibilidades de novas lecturas e relecturas”. Así se expresou o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, na presentación da programación de actividades coas que a Xunta de Galicia, en colaboración coas principais institucións culturais galegas, celebrará en 2013 o 150º aniversario da publicación desta obra.

    07 de marzo de 2013

    A Federación de Municipios e Provincias (FEMP) de Castela-A Mancha e a Federación de Persoas Xordas de Castela-A Mancha (FESORMANCHA) subscribiron un acordo que promoverá a accesibilidade e a información aos servizos municipais das 59 600 persoas xordas que hai censada na rexión e permitirá, entre outras cousas, que os consistorios da rexión poidan contar con intérpretes de lingua de signos en actos municipais.

    07 de marzo de 2013

    Mintzanet ofrece, se cabe, máis posibilidades que a iniciativa Mintzalagun, xa que permite a todas as persoas manter unha conversa cos seus interlocutores en éuscaro desde calquera lugar do mundo.

    Fonte: Euskara

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder