Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de abril de 2013

    "Verbena galega" é un proxecto de Culturactiva SCG para "galeguizar" as festas. Trátase dunha revisión do que é actualmente o concepto de verbena tratando de reinventalo e de actualizalo.

    Fonte: Praza Pública

    02 de abril de 2013

    Finalmente Tuenti estrea aplicación para Windows Phone, que non só está dispoñible para as versións 7.5 e 8 do sistema operativo de Microsoft, senón que tamén é das poucas ferramentas para tal plataforma que pode empregarse en galego.

    Fonte: Código Cero

    02 de abril de 2013

    O Goberno planea crear un exame oficial de lingua española e "integración na sociedade española" para os estranxeiros que soliciten a nacionalidade (fano uns 100 000 cada ano).

    Fonte: El País

    02 de abril de 2013

    A empresa Tecopy desenvolveu un «xeoportal» en internet para a promoción integral do Camiño da Lingua Castelá, cuxo obxectivo é o fomento do ensino do castelán e os recursos patrimoniais, literarios e turísticos.

    Fonte: La Opinión de Zamora

    01 de abril de 2013

    O gobernador de Cochabamba (Bolivia), Edmundo Novillo, resaltou a sinatura dun convenio para a construción en Cliza do Instituto de Lingua e Cultura da Nación Quechua “Tomás Katari”, segundo informou a Axencia Boliviana de Información.

    Fonte: Los Tiempos

    01 de abril de 2013

    O Camões-Instituto da Cooperación e da Lingua Portuguesa inaugura un Centro de Lingua Portuguesa (CLP) na Universidade Estatal Ivane Javakhishvili de Tiflis (Xeorxia). Este CLP contará cunha biblioteca propia, dotada de materiais impresos, multimedia e audiovisuais, así como un espazo destinado ás clases de lingua e cultura portuguesas.

    Fonte: DN Portugal

    28 de marzo de 2013

    A renuncia do Goberno francés a modificar a Constitución para ratificar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias suscitou numerosas protestas na Bretaña e Alsacia.

    Fonte: Le Parisien

    27 de marzo de 2013

    Trátase dunha iniciativa incluída dentro do programa Proba en Galego, unha campaña da Concellería de Normalización Lingüística para dinamizar o uso do galego na pequena empresa e no comercio locais, un labor continuo deste departamento dende o ano 2006.

    Fonte: Concello de Pontevedra

    27 de marzo de 2013

    Os catro grupos representados na Cámara (PPdeG, PSdeG, AGE e BNG) aprobaron instar o Goberno de Galicia a promover, dentro do marco do diálogo, "unha postura política común" para que o galego, en tanto que lingua oficial e propia da comunidade, "conserve a súa consideración de materia troncal no ensino", fronte ás dúbidas suscitadas pola designación que dá ás linguas cooficiais o proxecto de Lei de mellora da calidade educativa.

    27 de marzo de 2013

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o presidente da Fundación Eduardo Pondal, José Luís Fondo Aguiar, asinaron un acordo de colaboración polo que a consellería –a través das secretarias xerais de Cultura e Política Lingüística– e a propia fundación promoverán a realización de actividades de dinamización da lingua e a cultura galega, así como o estudo e preservación da obra do gran poeta de Ponteceso.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder