Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de febreiro de 2010

    Desde o ano 2008, a Constitución francesa establece no seu artigo 75-1 que «as linguas rexionais pertencen ao patrimonio de Francia». Christine Albanel, ministra de Cultura, comprometérase a presentar un proxecto de lei sobre as linguas rexionais. Un texto que, en febreiro de 2010, non está aínda na orde do día.

    Fonte: Novo Press

    10 de febreiro de 2010

    Malia que o español, o galego e o inglés son os idiomas nos que Renfe emite os sinais acústicos nos novos trens de media distancia, o español é a única lingua na que fican escritos os carteis informativos en cada un dos vagóns.

    Fonte: A Nosa Terra

    10 de febreiro de 2010

    A capital guipuscoana acollerá a vindeira semana, os días 18 e 19 de febreiro, unha reunión da rede para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD), na que representantes europeos porán en común experiencias e proxectos en torno a linguas como o éuscaro, catalán, galego, irlandés, galés, escocés, estoniano, bretón, occitano, frisio, sueco, finlandés, noruegués, lituano e córnico.

    Fonte: Europa Press

    10 de febreiro de 2010

    Dentro de dous anos Google promete lanzar un sistema que, integrado no móbil, nos traducirá e dirá en tempo real que nos di a outra persoa sexa do país que sexa.

    Fonte: MovilZona.es

    10 de febreiro de 2010

    O Goberno portorriqueño quere implantar programas de ensino de inglés para lograr que sexan bilingües as novas xeracións dun país no que o 85 por cento da poboación só coñece os rudimentos desa lingua.

    Fonte: La Opinión

    09 de febreiro de 2010

    O Ministerio de Xustiza peruano presentou a primeira edición oficial da Constitución Política de Perú de 1993 traducida á lingua aimará, informaron fontes oficiais.

    Fonte: EFE

    09 de febreiro de 2010

    A lingua española segue a gañar terreo na República Checa. Segundo o Ministerio de Educación español, o idioma de Cervantes xa se sitúa, despois do inglés, como o que xera máis interese entre a xente nova, mentras o francés, o alemán e o italiano se estancan.

    Fonte: Diario de León

    09 de febreiro de 2010

    As autoridades francesas están a tomar medidas para defender o uso do francés en Nacións Unidas e outras institucións internacionais como idioma da diplomacia, ante o inexorable avance do inglés.

    Fonte: Expansión

    09 de febreiro de 2010

    O Goberno de Aragón creará unha oficina técnica de Política Lingüística que se encargará da xestión de todas as cuestións administrativas referentes ao desenvolvemento da Lei de linguas.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    09 de febreiro de 2010

    Os Gobernos de Euskadi, Cataluña, Galicia e Baleares, reunidos en París con motivo da feira Expolangues 2010, acordaron reclamar de forma conxunta que a axenda económica de Europa de 2020 promova o multilingüismo. Desta forma, trasladaranlle á Comisión Europea un documento no que destacan "as oportunidades" que se abren co recoñecemento da diversidade lingüística que consideran "ineludible".

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder