A Consellería de Educación valenciana introducirá as clases de lingua e cultura chinesa nun máximo de dez institutos e con carácter experimental ao longo dos meses de abril, maio ou xuño deste curso.
Fonte: ABC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Consellería de Educación valenciana introducirá as clases de lingua e cultura chinesa nun máximo de dez institutos e con carácter experimental ao longo dos meses de abril, maio ou xuño deste curso.
Fonte: ABC
A Oficina Quebequesa da Lingua Francesa (OQLF) solicitoulles a varias empresas que se axusten ao artigo 52 da Carta da lingua francesa que estipula que os sitios web das empresas que teñen un enderezo en Quebec deben estar tan completos en francés coma en inglés, unha disposición non respectada por varias sociedades.
Fonte: L'Agenda du Bien Commun
A comisión luso-andorrana sobre cuestións de educación anunciou que vai ponderar a introdución do portugués como lingua curricular no sistema educativo deste país.
Fonte: Jornal de Notícias
Nun próximo Consello de Goberno modificarase o decreto de estrutura do Departamento de Educación, Cultura e Deporte para atribuírlle as competencias sobre política lingüística na comunidade, tal e como desvelou a conselleira de Educación, Cultura e Deporte, María Victoria Broto.
Fonte: Diario del Alto Aragón
Froito da observación estritamente empírica, a Plataforma pola Dinamización Lingüística do País Valenciano leva estudando o uso das linguas no Parlamento valenciano co obxectivo de realizar un diagnóstico –en constante movemento– da situación do valenciano como idioma vehicular de expresión entre os parlamentarios.
Fonte: Levante
Os sindicatos de profesorado de Galicia (STEG), Cataluña (USTEC-STAES IAC), Illas Baleares (STEI-i), Valencia (STEPV-Iv) e País Vasco (STEE-EILAS) reivindicarán conxuntamente a consideración do galego, éuscaro e catalán como linguas vehiculares no sistema educativo, en contra da súa situación "claramente desigual" e para "remontar séculos de illamento".
Fonte: EcoDiario
O Corpus de Referencia do Galego Actual (Corga), unha ferramenta baseada nas últimas tecnoloxías, está a permitir levar a cabo análises máis avanzadas da lingua galega. O investigador Mario Barcala vén de presentar na Universidade da Coruña unha tese de doutoramento que afonda neste proxecto do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Fonte: Xunta de Galicia
Por primeira vez na historia de Canadá, os Xogos Olímpicos de Vancouver retransmítense en oito linguas autóctonas na canle APTN (Aboriginal Peoples Television Network).
Fonte: Métro Montréal
Só un 44,3 % dos mozos de entre 15 e 29 anos admite que fala habitualmente en catalán e un 12 % non o fala nin o entende, segundo un informe de 2003 elaborado polo Departamento de Presidencia e incluído no sistema de indicadores presentado polo Observatorio Catalán da Xuventude do Departamento de Acción Social.
Fonte: Avui
Un total de 29 municipios biscaíños tratarán de impulsar o uso do éuscaro en comercios e locais hostaleiros a través da campaña 'Euskera, eskaintzarik onena'.
Fonte: El Correo Digital
Subscríbase ao boletín