Os expertos da lingua tártara de Crimea aprobaron a decisión de deixar de utilizar o alfabeto cirílico e volver ao alfabeto latino, segundo informa o Servizo Tatar-Bashkir de RFE/RL.
Fonte: RFE/RL
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os expertos da lingua tártara de Crimea aprobaron a decisión de deixar de utilizar o alfabeto cirílico e volver ao alfabeto latino, segundo informa o Servizo Tatar-Bashkir de RFE/RL.
Fonte: RFE/RL
Tíralle da lingua é un proxecto da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), dirixido ao alumnado e profesorado de toda Galicia, cos obxectivos de normalizar o uso oral do galego, de converter este idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias etc.
Fonte: CTNL
A entrada en vigor desta lei ampliou a degradación, xa antiga, das relacións entre os dous veciños. Aplicada desde xaneiro, limita a utilización do húngaro na vida pública, pero para os eslovacos trátase simplemente de protexer a lingua e os intereses nacionais cando esta se fale ou se escriba.
Fonte: Hu-lala
O grupo municipal do BNG insta o rexedor ferrolán, o socialista Vicente Irisarri, a que aplique o regulamento de normalización lingüística na empresa municipal de augas Emafesa.
Fonte: La Voz de Galicia
Un total de 104 familias vascas solicitou matricular os seus fillos de dous ou tres anos en lingua castelá en colexios que non ofertan o modelo A. Trátase de datos provisionais pero, segundo confirmaron fontes do Departamento de Educación, ningún centro educativo da comunidade autónoma, xa sexa público ou concertado, alcanza a cifra de referencia de 20 solicitudes que permitiría a apertura de novas aulas en español.
Fonte: Diario Vasco
A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela informa que tras mes e medio de traballo remataron a revisión da localización da vindeira versión do contorno de escritorio GNOME 2.30.0, previsto para o 31 de marzo.
Fonte: Código Cero
As rapazas e os rapaces de 14 e 15 anos de Santiago de Compostela atoparán enriba dos seus pupitres un convite para unha cita a cegas, co lema "Ven e namórate da lingua!". Esta campaña de promoción do galego do Concello de Santiago aproveita a data do 14 de febreiro para promover a afectividade dos/as escolares coa lingua galega.
Fonte: CTNL
O pleno do Parlamento de Navarra aprobará o xoves día 18 de febreiro, na primeira sesión plenaria do novo curso, a modificación da Lei do éuscaro, presentada por Esquerda Unida de Navarra (IUN), e que amplía a zona mixta a Aranguren, Belascoáin, Noáin e Galar.
Fonte: Diario de Navarra
O ensino en éuscaro na Comunidade Foral mantén o seu espazo tanto nos centros públicos como nas ikastolas, como reflicten os datos provisionais de prematrícula. O ensino nesta lingua manterá o número de aulas en Navarra, se ben os movementos demográficos provocarán que algúns centros públicos perdan alumnado.
Fonte: Noticias de Navarra
A sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña aprobou por unanimidade un acordo que lles lembra a xuíces e maxistrados "as súas obrigas como garantes dos dereitos das partes procesuais nos casos en que se exerceu o dereito dunha opción lingüística".
Fonte: Avui
Subscríbase ao boletín