Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de febreiro de 2010

    Só dúas das 77 facultades que conforman o mapa universitario galego imparten algunhas materias das súas carreiras en inglés. Trátase da Facultade de Química da Universidade de Vigo e da Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela.

    Fonte: Faro de Vigo

    22 de febreiro de 2010

    O ensino do inglés estase a abrir paso rapidamente no sistema educativo vasco. Acontece que os pais dos alumnos se decataron de que os seus fillos non só deben estudar inglés, senón que tamén teñen que chegar a falalo e escribilo o máis correctamente posible.

    Fonte: Diario Vasco

    22 de febreiro de 2010

    Os actores Luís Tosar, María Castro, Martiño Rivas, Isabel Risco e Carlos Ares protagonizan a nova campaña en defensa do galego nos centros educativos, impulsada pola Coordinadora de equipos de normalización e dinamización lingüística.

    Fonte: Europa Press

    22 de febreiro de 2010

    A lingua converteuse nunha inesperada protagonista da campaña para as eleccións municipais do 3 de marzo en Holanda. O uso do turco e o árabe, ademais do inglés e o chinés, na propaganda dos partidos xerou polémica.

    Fonte: El País

    22 de febreiro de 2010

    A preservación das linguas indíxenas debe asumirse como un imperativo para as sociedades dos países, xa que constitúen un dereito humano fundamental que se relaciona coa dignidade humana, afirmou a experta Elisa Loncon.

    Fonte: SDP Noticias

    22 de febreiro de 2010

    Para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna, o Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI) traduciu a Constitución Política dos Estados Unidos Mexicanos a 13 variantes lingüísticas e o Himno Nacional Mexicano a oito idiomas nacionais.

    Fonte: El Universal

    22 de febreiro de 2010

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, destacou a importancia de que a promoción da diversidade lingüística sexa un valor transversal da política da Unión Europea dos próximos anos. Anxo Lorenzo incidiu nesta posta en valor da pluralidade lingüística na reunión da comisión directiva da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD) que tivo lugar na cidade de Donostia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de febreiro de 2010

    A Organización de Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) advertiu sobre o perigo de extinción para máis de 248 linguas orixinarias de América Latina e fixo un chamamento aos gobernos para protexelas, xa que forman parte dos dereitos culturais das persoas.

    Fonte: El Universal

    19 de febreiro de 2010

    A Academia da Lingua Asturiana presentou o libro El Mirandés: situación sociolingüística de una lengua minoritaria en la zona portugueso-española.

    Fonte: Asturnews

    19 de febreiro de 2010

    A lei do éuscaro modificouse por primeira vez nos seus case 24 anos de percorrido. Só nesta lexislatura, lograr que se movan as fronteiras da zonificación lingüística custou o debate de tres proposicións de lei.

    Fonte: Noticias de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder