Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de novembro de 2009

    O ente público Euskal Irrati Telebista (EITB) e a Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia asinaron o seu terceiro acordo marco de colaboración, cuxo obxectivo é garantir o "bo uso" do éuscaro nos medios de comunicación da radio televisión pública.

    Fonte: ABC

    Un total de 1.094 alumnos de Castela e León estudan no Bierzo e en Sanabria en diferentes colexios, institutos e na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada. Así o constatou a comisión de seguimento do Protocolo de Colaboración entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León para a promoción do galego nos territorios do Bierzo e de Sanabria, que se reuniu na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en Santiago de Compostela.

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de novembro de 2009

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou en Santiago de Compostela na inauguración da III Xornada Xustiza e Lingua. Reflexións para a Normalización, onde destacou o importante traballo que se está a facer desde o departamento que dirixe para dotar o ámbito da xustiza de novas ferramentas que faciliten a extensión do galego na actividade diaria deste sector.

    Google anunciou recentemente no seu blog oficial novas funcionalidades e un novo aspecto para Google Translate, que agora inclúe a conversión de texto a voz, traducións en tempo real e transcricións fonéticas para un conxunto de linguas, entre elas o chinés, o árabe e o persa.

    Fonte: ISEDB

    Un deputado irlandés cuestionou os gastos que supón pasar toda a documentación oficial da república ao gaélico, cando, segundo el, estes documentos non os le ninguén no idioma nacional da illa.

    Fonte: Mondivers

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder