O Consello do Audiovisual de Catalunya (CAC) defendeu que a Lei da comunicación audiovisual de Cataluña de 2005 lle outorga a potestade de aprobar instrucións sobre as obrigas en relación coa presenza da lingua e a cultura catalás e co aranés na comunicación audiovisual despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) anulase 13 dos 18 artigos da instrución xeral do CAC datadas en 2004 sobre esta materia.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Consello do Audiovisual de Catalunya (CAC) defendeu que a Lei da comunicación audiovisual de Cataluña de 2005 lle outorga a potestade de aprobar instrucións sobre as obrigas en relación coa presenza da lingua e a cultura catalás e co aranés na comunicación audiovisual despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) anulase 13 dos 18 artigos da instrución xeral do CAC datadas en 2004 sobre esta materia.
Os próximos Xogos Olímpicos de Inverno de Vancouver serán retransmitidos en 22 linguas, con comentarios deportivos e análises xogada a xogada realizados nunha gran variedade de linguas que inclúe o mandarín, o bengalí, o ucraíno, a lingua aborixe dos Mechif e o guxaratí do sur de Asia.
Fonte: CP24

Softastur está finalizando a versión en asturiano de OpenOffice.org tras dous anos de traballo. A versión asturiana vai estar a disposición dos usuarios de calquera sistema operativo (GNU/Linux, Windows, Mac Os etc.) a partir da versión 3.2.
Fonte: InfoAsturies

A conselleira de Educación, Universidades, Cultura e Deportes do Goberno de Canarias, Milagros Luis Brito, e o embaixador de Francia en España, Bruno Delaye, asinaron un protocolo de colaboración en materia de programas educativos e lingüísticos.
Fonte: Gobierno de Canarias

O decreto do Goberno vasco sobre as novas licenzas de radio en FM pretendía introducir unha cláusula pola cal se obrigaba a emitir un 20 % da programación en éuscaro. Agora, o gabinete socialista decidiu conxelar a iniciativa porque «pode quedar obsoleta» cando entre en vigor a Lei de comunicación audiovisual que se tramita no Congreso dos Deputados.
Fonte: El Correo Digital

Boletín
Subscríbase ao boletín