Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de novembro de 2009

    O Ciberdúvidas, un sitio web que responde a cuestións sobre a lingua portuguesa, foi incluído na "Linguist List" da Universidade de Michigan (Estados Unidos), a maior rede social de lingüistas do mundo.

    Fonte: Lusa

    17 de novembro de 2009

    O Tribunal Supremo rexeita que os pais poidan elixir o idioma no que estudan os seus fillos. Este é un dos argumentos que utiliza este órgano xudicial para non admitir o recurso interposto polo pai dun alumno do colexio Los Sauces de Vigo que esixía que o seu fillo recibise as clases integramente en castelán.

    Fonte: Faro de Vigo

    Exipto anunciou o lanzamento do dominio .misr, o primeiro de internet en caracteres árabes. O rexistro do nome, que significa Exipto en árabe, programouse para o luns 16 de novembro a medianoite.

    Fonte: AFP

    A Junta de Andalucía obrigará ás administracións e aos espazos públicos a dispoñer de intérpretes da lingua de signos, para deste modo mellorar as condicións de accesibilidade das persoas xordas.

    Fonte: Andalucía Información

    Xa está dispoñible en DVD un novo capítulo en galego das aventuras de Doraemon, a exitosa serie de animación infantil protagonizada polo gato cósmico e o seu inseparable amigo Nobita. A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria posibilitou a dobraxe á lingua galega da película Doraemon e o reino de Kibo, que recolle unha historia chea de criaturas fantásticas en defensa da ecoloxía e do medio natural.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder