Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de novembro de 2009

    Unha familia de Vigo denunciou que o xulgado de Alcorcón (Madrid) lle nega a unha nai, que ten agora a custodia das súas fillas, que se traslade a Vigo coas súas nenas menores de idade debido ao "desarraigo" do seu ámbito educativo para verse "escolarizadas en centros públicos con inmersión nun sistema en lingua galega".

    Fonte: Europa Press

    A sinalización das rúas de Cornualles traducirase á lingua tradicional da rexión, malia que só 300 persoas a falan. As instalacións do concello tamén modificarán a súa sinalización e pediráselles aos concelleiros que consideren a posibilidade de utilizar o córnico en todas as futuras publicacións, literatura promocional e a súa páxina web.

    Fonte: Telegraph

    18 de novembro de 2009

    Obaba, Animal Channel, Oliver Twist, Checkpoint Rock, Goazen, Robotak, Niko eta izarretako bidea ou Ponyo son algunhas das películas que poderán verse en éuscaro en 19 municipios do País Vasco durante o vindeiro mes de decembro.

    Fonte: El País

    O Goberno autonómico estudará "estender" os servizos da Televisión de Galicia (TVG) a zonas de comunidades limítrofes -como Asturias, O Bierzo (Castela e León) e Sanabria (Zamora)- que permanecen na súa área de influencia lingüística e nas que o denominado 'galego estremeiro' sobrevive como lingua de uso cotián.

    Fonte: Qué

    A lingua de signos portuguesa foi recoñecida como lingua da comunidade xorda portuguesa pola Constitución da República en 1997. Calcúlase que existen cerca de 30.000 falantes nativos da lingua de signos portuguesa.

    Fonte: Sapo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder