Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de setembro de 2008

    O ensino bilingüe chega por primeira vez este curso a 25 colexios concertados da rexión, o que permitirá a cerca de 1900 alumnos de educación infantil e primaria estudar en inglés, segundo informou o Executivo autonómico.

    Fonte: Europa Press

    09 de setembro de 2008

    Cinco empresas operadoras do sector da telefonía móbil, así como outros tantos fabricantes ofreceranlles aos seus clientes a opción de utilizar o galego aos seus clientes nos terminais e na relación coas empresas grazas a un acordo que esta semana subscribirán coa Xunta.

    Fonte: La Voz de Galicia

    08 de setembro de 2008

    CiU rexistrou unha proposición non de lei no Congreso na que lle pide á Administración central que incorpore as distintas linguas cooficiais en páxinas web oficiais. En concreto, solicita que os organismos públicos adopten o dominio .cat na versión en catalán dos seus sitios en internet.

    Fonte: El Diario Montañés

    08 de setembro de 2008

    A Xunta Directiva da organización Aconceyamientu de Xuristes pol Asturianu emitiu un escrito condenando a redacción das ordenanzas de uso do asturiano do Concello de Xixón.

    Fonte: Asturies.com

    08 de setembro de 2008

    Este premio recoñecerá a mellor investigación sobre lingua española nas áreas de gramática, semántica, fonética, lexicografía, dialectoloxía e pragmática.

    Fonte: El Universal

    08 de setembro de 2008

    O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, denunciou que as empresas enerxéticas Repsol e Endesa "exclúen" o galego na atención ao cliente, tanto no envío e xestión de facturas como na atención oral aos cidadáns.

    Fonte: Mundo Galiza

    08 de setembro de 2008

    O director xeral de Educación Superior do Ministerio de Educación de Perú, Manuel Solís, dixo que se está estudando reforzar o ensino do idioma inglés nos colexios, co apoio de profesores acreditados de institutos e universidades do país.

    Fonte: Andina

    08 de setembro de 2008

    A xente escoitou tanto que o xigante chinés vai ser a potencia do século XXI que acabou aceptándoo. E, como postula o Teorema de Thomas, 'se unha situación é definida como real, ten efectos reais'. Neste caso, a teoría cúmprese non só nas monstruosas cifras macroeconómicas que adoitan provir do xigante asiático, senón tamén en asuntos máis simples e persoais coma a aprendizaxe de idiomas. "A demanda de chinés incrementouse claramente nos últimos anos", comenta Pilar Díaz, vicedirectora da Escola Oficial de Idiomas de Madrid Jesús Maestro, que ensina este idioma desde 1964.

    08 de setembro de 2008

    A Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, coa colaboración e xestión da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), convoca para o 22 de outubro de 2008 o II Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña.

    Fonte: CTNL

    08 de setembro de 2008

    No DOG número 172, do 5 de setembro, publícase a Orde pola que se convocan as probas de habilitación profesional para a tradución e a interpretación xurada dos seguintes pares de linguas: galego-castelán, galego-éuscaro, galego-catalán, galego-portugués, galego-alemán e galego-romanés.

    Fonte: CTNL

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder