Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de setembro de 2008

    Falarase da presenza do galego na rede, a través de blogs, contidos culturais, xogos etc., e da recepción de información en galego a través da internet.

    Fonte: XornalGalicia

    09 de setembro de 2008

    O decano da Facultade de Filoloxía da Universidade de Oviedo, José Antonio Martínez, nomeado polo reitor tras a dimisión da anterior titular espera que en novembro quede aprobado o novo plan de estudos, que incluiría un «minor» de llingua asturiana.

    Fonte: La Nueva España

    09 de setembro de 2008

    O 19,3% dos alumnos estudará no modelo A, en castelán coa lingua vasca como materia; o 23,2% farao no B, bilingüe; e o 57,5% recibirá as clases en éuscaro, na liña D.

    Fonte: Diario Vasco

    09 de setembro de 2008

    Xa está dispoñible a primeira versión candidata de OpenOffice.org 3.0, o paquete ofimático aberto máis coñecido, en galego. Hai que lembrar que este software foi traducido á nosa lingua no último encontro Xuventude Galiza Net coa coordinación de Mancomún.

    Fonte: Vieiros

    09 de setembro de 2008

    Segundo Patxi Baztarrika, viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno vasco, é a primeira vez que unha campaña en favor do éuscaro obtén unha resonancia tan masiva pois a campaña Ukan 2008 "pixka bat es mucho" superou os ámbitos habituais da publicidade e chegou a toda a sociedade.

    Fonte: Euskadi.net

    09 de setembro de 2008

    O modelo lingüístico das Illas Feroe ten algo en común con calquera catalán, máis que ningún outro en Europa. Entre outras cousas, paradoxalmente os feroeses estudan máis horas á semana de español, é dicir, unha lingua estranxeira, ca de danés, a oficial do seu estado.

    Fonte: El Mundo

    09 de setembro de 2008

    O acto da creación da Academia Nacional de la Lengua Aymara constitúe a materialización do compromiso establecido no plan Re-Conocer: Pacto Social por la Multiculturalidad, o cal sinala que "se deben implementar iniciativas destinadas a fomentar a lingua e a cultura indíxena", co fin de cultivar e preservar as linguas indíxenas de Chile.

    Fonte: El Morrocotudo

    09 de setembro de 2008

    O ensino bilingüe chega por primeira vez este curso a 25 colexios concertados da rexión, o que permitirá a cerca de 1900 alumnos de educación infantil e primaria estudar en inglés, segundo informou o Executivo autonómico.

    Fonte: Europa Press

    09 de setembro de 2008

    Cinco empresas operadoras do sector da telefonía móbil, así como outros tantos fabricantes ofreceranlles aos seus clientes a opción de utilizar o galego aos seus clientes nos terminais e na relación coas empresas grazas a un acordo que esta semana subscribirán coa Xunta.

    Fonte: La Voz de Galicia

    08 de setembro de 2008

    CiU rexistrou unha proposición non de lei no Congreso na que lle pide á Administración central que incorpore as distintas linguas cooficiais en páxinas web oficiais. En concreto, solicita que os organismos públicos adopten o dominio .cat na versión en catalán dos seus sitios en internet.

    Fonte: El Diario Montañés

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder