Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de setembro de 2008

    Desde que o mercado de traballo é máis aberto en Suíza, os alsacianos atopan cada vez máis competencia cos alemáns e os asalariados de Europa do Este. A causa parece ser que a xuventude alsaciana é menos políglota que os seus pais.

    Fonte: Eurominority

    10 de setembro de 2008

    Velar polo cumprimento do decreto do galego para avanzar dun xeito real na normalización lingüística no ensino será un dos principais cabalos de batalla da CIG-Ensino. Con este fin, pediron a creación dunha dirección ou dunha subdirección de Educación que coordine o uso da lingua do país nos centros educativos.

    Fonte: Vieiros

    10 de setembro de 2008

    O conselleiro de Vicepresidencia da Generalitat de Catalunya, Josep-Lluís Carod-Rovira, anunciou que Política Lingüística da Generalitat levará a cabo proximamente unha campaña dirixida aos catalanofalantes, instándoos a non cambiar de lingua cando alguén se lles dirixa en castelán.

    Fonte: Racó Català

    10 de setembro de 2008

    O novo decreto que regula o segundo ciclo de educación infantil (de tres a seis anos) e que aprobou o Consello Executivo da Generalitat inclúe, entre as súas principais novidades, a introdución do uso oral dunha lingua estranxeira no último curso desta etapa educativa, e tamén as novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) na área de lingua.

    Fonte: Avui

    09 de setembro de 2008

    Falarase da presenza do galego na rede, a través de blogs, contidos culturais, xogos etc., e da recepción de información en galego a través da internet.

    Fonte: XornalGalicia

    09 de setembro de 2008

    O decano da Facultade de Filoloxía da Universidade de Oviedo, José Antonio Martínez, nomeado polo reitor tras a dimisión da anterior titular espera que en novembro quede aprobado o novo plan de estudos, que incluiría un «minor» de llingua asturiana.

    Fonte: La Nueva España

    09 de setembro de 2008

    O 19,3% dos alumnos estudará no modelo A, en castelán coa lingua vasca como materia; o 23,2% farao no B, bilingüe; e o 57,5% recibirá as clases en éuscaro, na liña D.

    Fonte: Diario Vasco

    09 de setembro de 2008

    Xa está dispoñible a primeira versión candidata de OpenOffice.org 3.0, o paquete ofimático aberto máis coñecido, en galego. Hai que lembrar que este software foi traducido á nosa lingua no último encontro Xuventude Galiza Net coa coordinación de Mancomún.

    Fonte: Vieiros

    09 de setembro de 2008

    Segundo Patxi Baztarrika, viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno vasco, é a primeira vez que unha campaña en favor do éuscaro obtén unha resonancia tan masiva pois a campaña Ukan 2008 "pixka bat es mucho" superou os ámbitos habituais da publicidade e chegou a toda a sociedade.

    Fonte: Euskadi.net

    09 de setembro de 2008

    O modelo lingüístico das Illas Feroe ten algo en común con calquera catalán, máis que ningún outro en Europa. Entre outras cousas, paradoxalmente os feroeses estudan máis horas á semana de español, é dicir, unha lingua estranxeira, ca de danés, a oficial do seu estado.

    Fonte: El Mundo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder