Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de setembro de 2008

    “O informe [do Club Financieiro de Vigo] non responde a ningunha realidade, nin se sustenta en datos estatísticos de ningún tipo. Hai sectores que non reman na mesma dirección e móstrannos a realidade dun país desvertebrado. Esa saña coa que se manifestan contra o galego penso que cos anos acabará sendo un retorno á Terra, como dicía Rof Carballo. Son comportamentos de xente colonizada”, así analiza esta polémica o presidente do Foro Peinador, un organismo que trata de seducir para a galeguización ao mundo da empresa e da economía.

    15 de setembro de 2008

    A Fundación Círculo Solidario, persoal docente, estudantes de escolas, nais e pais de familia de Nahuizalco, en Sonsonate, comezaron a elaborar propostas para propiciar un modelo de educación intercultural, que inclúe o ensino do náhuat como currículo escolar e non como materia optativa.

    Fonte: La Prensa Gráfica

    15 de setembro de 2008

    O Palacio Miramar de Donostia acolleu a presentación do curso académico 2008-09 de euskaldunización de adultos da man de HABE (Instituto para a Euskaldunización e Alfabetización de Adultos) e dos euskaltegis da rede pública e privada homologada. Este será o primeiro curso que se inicia cos títulos de éuscaro homologados, destacou Patxi Baztarrika, viceconselleiro de Política Lingüística. A continuación o eminente lingüista David Crystal impartiu a conferencia Keeping languages alive (Conservar vivas as linguas).

    15 de setembro de 2008

    O pasado venres día 12 de setembro reuniuse, en Valladolid, a comisión de seguimento do protocolo de colaboración entre a Xunta e a Junta de Castilla y León para abordar o comezo do curso e analizar o 2007-2008

    O número de alumnos do programa de estudos de galego nesta comunidade non deixou de medrar desde que se puxo en marcha

    15 de setembro de 2008

    Desde o ano 2002 un convenio entre a Junta de Castilla y León e a Xunta de Galicia garante a protección da lingua galega, apostando sobre todo por darlle vida desde o seu ensino nos centros públicos de primaria.

    Fonte: El Mundo

    15 de setembro de 2008

    Os espectáculos teñen unha hora de duración e realízanse baixo cuberto, nunha carpa de 500 metros cadrados

    As entradas son de balde e convídase os asistentes a participar de xeito activo en xogos, cancións, arrolos e outras iniciativas

    Política Lingüística impulsa este programa para intensificar o coñecemento e o emprego da lingua galega en idades temperás

    12 de setembro de 2008

    Tiveron que pasar 400 anos para que un reitor da Universidade de Oviedo falase en asturiano. Foi no acto de entrega dos diplomas dos XXVI Cursos de Verán en asturiano que cada ano se celebran en Ibias.

    Fonte: El Comercio Digital

    12 de setembro de 2008

    Reitores e académicos de institucións de ensino superior dos países que teñen o portugués como idioma oficial participan na 18ª Xuntanza da Asociación de Universidades de Lingua Portuguesa na Universidade de Brasilia.

    Fonte: Abril

    12 de setembro de 2008

    O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, participa en Gdansk (Polonia) no Consello Xeral da Axencia Europea para as Linguas Minorizadas (EBLUL), no cal se porán en común experiencias de diferentes entidades que traballan en varios puntos do continente en defensa das linguas que están en proceso de normalización social.

    Fonte: A Mesa pola Normalización Lingüística

    12 de setembro de 2008

    A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo informa de que segue aumentando a demanda da materia de idioma galego nos centros educativos da rexión berciana. Así o declarou o delegado territorial da Junta de Castilla y León, Eduardo Fernández, aproveitando o inicio do curso escolar 2008-09.

    Fonte: O Bierzo Ceibe

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder