Murcia

O Concello de Lorca lanza mensaxes en catro linguas para tratar de frear os contaxios de COVID-19 no municipio

'Lorca te cuida' é o slogan desta campaña impulsada dende o Concello para intentar reducir os contaxios da COVID-19. Entre as accións previstas está a repartición de folletos informativos en catro linguas (inglés, francés, árabe e español) para chegar ao maior número de persoas posible.

Fonte: La Verdad

Murcia

Unha tese doutoral da Universidade de Murcia conclúe que as falas desta rexión están estigmatizadas

O resultado das máis de 600 enquisas realizadas para este traballo axudan a concluír que entre a sociedade murciana existe grande inseguridade lingüística derivada do estigma da lingua.

Fonte: La Verdad

Murcia

A Universidade Católica San Antonio de Murcia impartirá tradución e linguas modernas nun grao integrado

O alumnado que curse Tradución e Interpetación na Universidade Católica San Antonio de Murcia (UCAM) poderá obter, tras só un ano máis de formación, a titulación de Linguas Modernas.

Fonte: La Verdad

Murcia

A Consellería de Educación de Murcia pon en marcha o ensino bilingüe en 25 colexios de infantil e primaria

O conselleiro de Educación, Formación e Emprego, Constantino Sotoca, deu a coñecer os nomes dos 25 colexios da Rexión de Murcia que iniciarán en setembro o ensino bilingüe en inglés, grazas ao programa Colexios Bilingües Rexión de Murcia, co que máis de mil alumnos de primaria recibirán a terceira parte das súas clases neste idioma.

Fonte: Europa Press

Murcia

Os estudantes con discapacidade auditiva da Universidade de Murcia terán intérprete de lingua de signos

Os tres estudantes da Universidade de Murcia (UMU) con discapacidade auditiva terán un intérprete de lingua de signos para seguir as clases, en virtude do convenio asinado entre a consellería de Política Social, Caja Mediterráneo e a UMU.

Fonte: La Información

Murcia

Un de cada dez colexios murcianos será bilingüe o vindeiro curso

A Rexión de Murcia segue apostando polas ensinanzas bilingües. O conselleiro de Educación, Formación e Emprego, Constantino Sotoca, confirmou que o próximo curso se duplicará o número de centros educativos de infantil e primaria que impartirá ensinanza bilingüe na rexión, de forma que un de cada dez centros será bilingüe.

Fonte: La Verdad

Murcia

O embaixador de Portugal en España proponlle ao presidente de Murcia que o portugués sexa segundo idioma curricular

O embaixador de Portugal en España, Álvaro Mendonça e Moura, propúxolle ao presidente da Comunidade de Murcia, Ramón Luis Valcárcel, que o portugués poida ser unha materia optativa como segunda lingua para os alumnos da rexión.

Fonte: ABC

Murcia

O anteproxecto de candidatura a capital europea da cultura de Murcia 2016 aposta pola aprendizaxe de idiomas desde os tres anos

O anteproxecto de candidatura de Murcia como capital europea da cultura 2016, copresentado polo Concello de Murcia, o Goberno rexional, a Universidade de Murcia, a Universidade Católica San Antonio, Cajamurcia e Caja Mediterráneo, prevé iniciativas dentro das áreas de linguas e literatura para a aprendizaxe de idiomas desde os tres anos.

Fonte: La Opinión de Murcia

Murcia

Murcia oferta cursos de idiomas para mozos en 15 países de todo o mundo

A Dirección Xeral de Xuventude ofertou cursos de idiomas en 15 países de todo o mundo que van destinados a mozos entre 14 e 30 anos que, ademais de practicar o idioma, realizarán actividades lúdicas e culturais, informou o Goberno rexional nun comunicado.

Fonte: ABC

Murcia

Apróbase un proxecto de intervención de intérpretes de lingua de signos na Universidade de Murcia

O executivo rexional autorizou un convenio entre a Consellería de Política Social, Muller e Inmigración, a Universidade de Murcia e a Caixa de Aforros do Mediterráneo para o desenvolvemento do proxecto de intervención de intérpretes de lingua de signos nas aulas universitarias para o alumnado con discapacidade auditiva.

Fonte: 20 minutos

Murcia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder