Castela-A Mancha

Castela-A Mancha ten máis de 180 centros educativos bilingües e triplica os existentes en 2007

A conselleira de Educación e Ciencia, María Ángeles García, anunciou que, cando se cumpren dous anos de lexislatura, superouse o compromiso do presidente rexional, José María Barreda, de triplicar o número de centros bilingües en Castela-A Mancha.

Fonte: Lanzadigital

Castela-A Mancha

Apróbase en Castela-A Mancha o Plan de plurilingüismo, cun investimento de 48 millóns de euros

Este Plan, aprobado polo Consello de Goberno, estruturará e garantirá o financiamento de todas as actuacións que neste ámbito se están a levar a cabo, así como das que se porán en marcha no futuro para a mellora e o impulso da aprendizaxe de linguas estranxeiras e a competencia comunicativa intercultural.

Fonte: 20minutos

Castela-A Mancha

O Plan de plurilingüismo de Castela-A Mancha facilitará que todos os alumnos dominen polo menos unha lingua estranxeira

O Plan de plurilingüismo de Castela-A Mancha facilitará que todos os alumnos e alumnas que estudan na rexión dominen polo menos unha lingua estranxeira, preferentemente o inglés, e ofrecerá oportunidades de formación en idiomas a toda a cidadanía en xeral a través de diferentes iniciativas.

Fonte: Qué!

Castela-A Mancha

O Goberno de Castela-A Mancha promove o español como recurso económico na rexión

O Goberno rexional considera o sector do español un recurso económico en Castela-A Mancha como unha importante fonte de riqueza, desenvolvemento social, promoción económica e cultural da rexión.

Fonte: La Cerca

Castela-A Mancha

O Plan de plurilingüismo de Castela-A Mancha procurará que os alumnos dominen, polo menos, unha lingua estranxeira

A conselleira de Educación, Ciencia e Cultura de Castela-A Mancha, María Ángeles García, adiantou que a Junta deseñou o que denomina o Plan de plurilingüismo "co fin de que todos os alumnos e alumnas da rexión dominen polo menos un idioma estranxeiro e teñan así a posibilidade de integrarse, estudar ou traballar en calquera país da Unión Europea".

Fonte: Voces de Cuenca

Castela-A Mancha

Castela-A Mancha asina un convenio con Francia para fomentar a aprendizaxe do idioma francés

A conselleira de Educación de Castela-A Mancha, María Ángeles García, e o embaixador francés en España, Bruno Delaye, asinaron un convenio que inclúe a mobilidade internacional para profesores, os intercambios de estudantes de formación profesional ou a realización de prácticas en centros de formación ou empresas francesas.

Fonte: ABC

Castela-A Mancha

En 2010 aumentou un 29 % o número de persoas xordas beneficiadas polos servizos en lingua de signos en Castela-A Mancha

A Federación de Persoas Xordas de Castela-A Mancha incrementou un 29 por cento o número de usuarios atendidos a través dos seus servizos de interpretación de lingua de signos e mediación social.

Fonte: ABC

Castela-A Mancha

A Universidade de Castela-A Mancha organiza cursos de lingua e cultura chinesas en todos os seus campus

A Universidade de Castela-A Mancha (UCLM) levará a cabo en todos os seus campus, entre os meses de febreiro e xuño, cursos de lingua e cultura chinesas para estudantes, docentes, profesionais e empresarios interesados nesta materia.

Fonte: ABC

Castela-A Mancha

Cuenca será unha das sedes dos cursos de inmersión en lingua inglesa da Universidade Internacional Menéndez Pelayo

O Ministerio de Educación e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) abrirán o 31 de xaneiro o prazo de matrícula dos cursos de inmersión en lingua inglesa que, entre marzo e decembro de 2011, se celebrarán en dez das sedes da Universidade, entre elas Cuenca.

Fonte: ABC

Castela-A Mancha

Máis de 1.000 alumnos benefícianse do programa de ensino de lingua e cultura romanesas en Castela-A Mancha

Máis de 1.000 alumnos e alumnas de 57 centros educativos de infantil, primaria e secundaria de Castela-A Mancha participan este curso no programa de ensino de lingua, cultura e civilización romanesas que promove o Goberno rexional, a través da Consellería de Educación, Ciencia e Cultura.

Fonte: La Cerca

Castela-A Mancha

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder