Este volume pretende contribuír ao debate sobre os ineludibles resultados do contacto lingüístico no contexto e desde a perspectiva galega, así como a doutras situacións presentes no ámbito da lusofonía en que o debate é máis que actual e relevante. Pasadas catro décadas desque comezara a configuración do estándar galego contemporáneo deberían darse xa as condicións de madurez e existir a suficiente serenidade na lingüística galega para abordar sen complexos nin tabús discusións que a urxencia de crear unha lingua estándar viñera ocultando ata hai pouco tempo.
Data:
xoves, 16 xaneiro, 2014 - 13:15
Tipo: