O volume afonda na análise das identidades e ideoloxías lingüísticas desde unha perspectiva plural e crítica, examinando como se constrúen e se reformulan en contextos diversos. A través de estudos que abranguen o humor, a performance, o ámbito educativo, familiar e dixital, explóranse cuestións como o papel das persoas neofalantes, os conflitos arredor do estándar ou as relacións entre variedades lingüísticas. A obra ofrece unha mirada sociolingüística que entende a diversidade lingüística como unha práctica social marcada por tensións e procesos de lexitimación.
Data:
mércores, 5 novembro, 2025 - 10:00
Tipo: