documento

Potencial de Galicia no sector das tecnoloxías lingüísticas. Foro Económico de Galicia. 2023

Este volume presenta unha análise exhaustiva sobre o estado actual e as perspectivas futuras do sector das tecnoloxías lingüísticas (TL) en Galicia e, por extensión, en España. Segundo este estudo, as tecnoloxías lingüísticas, que combinan a intelixencia artificial coa linguaxe, están experimentando un crecemento significativo grazas aos avances tecnolóxicos, a gran dispoñibilidade de datos e a ampla gama de aplicacións e utilidades. A inclusión do galego e outras linguas minorizadas nas tecnoloxías da lingua é crucial para evitar a súa discriminación dixital. As tecnoloxías lingüísticas non só fomentan a diversidade lingüística e cultural, senón que tamén teñen un importante valor económico, pois permiten a creación de industrias e servizos que utilizan a lingua como insumo básico.

Consulte o informe

Data: 
mércores, 20 marzo, 2024 - 17:45
Tipo: 

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder