O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, quixo acompañar hoxe ao escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas na presentación do seu novo libro “Semente galega en América”, un catálogo de galegos e galegas aos que o crucense máis universal homenaxea por deixaren a súa semente creadora e innovadora nas terras de alén do Atlántico. Ao longo das súas páxinas, o autor destaca neste libro, editado por Bolanda, a débeda de América con Galicia como terra de promisión de forza, de saber e de xenio creador da emigración galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Sección:



