Para protexer a riqueza das linguas indíxenas que en Sonora existen e preservalas cómpre lexislar a favor dos Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas, expresou o deputado Zacarías Neyoy Yocupicio.
O presidente da Comisión de Asuntos Indíxenas do Congreso do estado indicou que, igual que no resto do país, en Sonora se corre o risco da desaparición das linguas indíxenas, polo que é necesario promover un marco xurídico para preservalas.
Fonte: Kiosco Mayor
Sección:



