Un estudo publicado en Science sitúa o momento de maior diversidade lingüística hai entre 1000 e 3000 anos, cando poderían existir entre 20.000 e 75.000 idiomas. O retroceso comezou coa expansión dos grandes estados e imperios, que estenderon as súas linguas ao tempo que desprazaban comunidades máis pequenas, e intensificouse posteriormente co colonialismo. A investigación conclúe que a supervivencia dos idiomas dependeu sobre todo do poder político e demográfico dos seus falantes, polo que a súa desaparición supuxo tamén unha perda irreparable de coñecemento cultural.
Fonte: Diari de la Llengua
Sección:



