As entidades a favor da lingua irlandesa volveron saír á rúa para reclamar que o idioma propio da illa sexa declarado oficial en Irlanda do Norte. A aprobación dunha lei da lingua irlandesa foi un dos acordos que os partidos norteirlandeses aprobaron hai xa dous anos no Acordo de Saint Andrews, que serviu para recuperar a autonomía de Irlanda do Norte.
Fonte: Móndivers
Sección:



