Un informe recente sobre o ensino de idiomas na UE revela que o inglés continúa a ser a lingua estranxeira máis estudada, tanto no ensino xeral (96 %) como na formación profesional (80 %). No caso da segunda lingua, a situación varía: no ensino xeral destaca o español (27,1 %), seguido de preto polo alemán (21,2 %), mentres que na formación profesional as segundas linguas máis impartidas despois do inglés son o alemán (18,1 %) e o francés (14,1 %).
Fonte: e-GLOBAL
Sección:



