O Goberno español solicitou que a oficialidade do galego, o catalán e o éuscaro na Unión Europea volva debaterse no Consello de Asuntos Xerais do 23 de setembro. A iniciativa retómase tras o bloqueo do pasado ano por parte de varios Estados, que alegaron dúbidas xurídicas e prácticas. España defende que a futura ampliación da UE reforza a necesidade de recoñecer tamén linguas oficiais dun Estado membro e comprométese a asumir os custos da medida.
Fonte: El Diario
Sección:



