A concelleira de Promoción da Lingua expresou o apoio do Concello de Lugo ás demandas veciñais para que a Policía Nacional rotule en galego as súas dependencias da avenida Ramón Ferreiro e incorpore con normalidade a lingua propia en toda a sinalización. A edil lembrou que a normativa estatal obriga a empregar as linguas cooficiais na cartelería das administracións, polo que reclamou o cumprimento efectivo destes dereitos para garantir unha atención sen discriminacións.
Fonte: Lugo Xa
Sección:



