A Real Academia Galega, o Concello de Rois e a Secretaría Xeral da Lingua colaborarán na elaboración do mapa sociolingüístico escolar do municipio, co fin de coñecer con detalle a situación do galego entre o alumnado. O estudo, que abranguerá as etapas de infantil, primaria e secundaria, pretende fornecer unha base rigorosa para orientar futuras accións de normalización lingüística. Rois convértese así no quinto concello que impulsa esta análise co Seminario de Sociolingüística da RAG e, ademais, no primeiro de perfil marcadamente rural e pequeno tamaño demográfico en asumir esta iniciativa.
Fonte: Real Academia Galega
Sección:



