Novas

O mapa sociolingüístico escolar de Rois permitirá contar cun diagnóstico detallado sobre a situación do galego entre o alumnado
25 de marzo de 2026

O mapa sociolingüístico escolar de Rois permitirá contar cun diagnóstico detallado sobre a situación do galego entre o alumnado

A Real Academia Galega, o Concello de Rois e a Secretaría Xeral da Lingua colaborarán na elaboración do mapa sociolingüístico escolar do municipio, co fin de coñecer con detalle a situación do galego entre o alumnado. O estudo, que abranguerá as etapas de infantil, primaria e secundaria, pretende fornecer unha base rigorosa para orientar futuras accións de normalización lingüística. Rois convértese así no quinto concello que impulsa esta análise co Seminario de Sociolingüística da RAG e, ademais, no primeiro de perfil marcadamente rural e pequeno tamaño demográfico en asumir esta iniciativa.

Fonte: Real Academia Galega

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder