As comisións de normalización lingüística de varios centros da Universidade de Santiago impulsan a terceira edición do Concurso de edición da Galipedia, unha iniciativa coa que buscan reforzar a creación e difusión de contidos de calidade en galego e incentivar a implicación da comunidade universitaria na promoción da lingua e da cultura propias. O certame diríxese ao alumnado, profesorado e persoal da universidade no curso 2025/2026 que deberán presentar, até o 20 de setembro, artigos novos ou melloras substanciais de entradas xa existentes en áreas concretas de coñecemento.
Sección:



