Novas

Comeza o terceiro Concurso de edición da Galipedia co que se busca crear artigos de calidade en galego
01 de abril de 2026

Comeza o terceiro Concurso de edición da Galipedia co que se busca crear artigos de calidade en galego

As comisións de normalización lingüística de varios centros da Universidade de Santiago impulsan a terceira edición do Concurso de edición da Galipedia, unha iniciativa coa que buscan reforzar a creación e difusión de contidos de calidade en galego e incentivar a implicación da comunidade universitaria na promoción da lingua e da cultura propias. O certame diríxese ao alumnado, profesorado e persoal da universidade no curso 2025/2026 que deberán presentar, até o 20 de setembro, artigos novos ou melloras substanciais de entradas xa existentes en áreas concretas de coñecemento.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder