Novas

Segundo un estudo, increméntanse as visualizacións dos contidos en catalán nas redes sociais
13 de maio de 2026

Segundo un estudo, increméntanse as visualizacións dos contidos en catalán nas redes sociais

Os contidos en catalán nas redes acadaron en 2025 case 2.800 millóns de visualizacións, un 71,7 % máis ca o ano anterior, segundo o informe de Accent Obert. O estudo confirma que o ecosistema dixital en lingua propia se consolida, cun consumo que medra máis rápido ca a produción e cunha audiencia cada vez máis ampla para creadoras e creadores de distintos tamaños. Instagram concentra a maior parte das visualizacións, mentres TikTok é a plataforma que máis medra e sectores como o manganime, a literatura ou as artes amosan fortes incrementos.

Fonte: Diari de la Llengua

Comunidade: 
Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder