Xirona é a primeira cidade catalá en elaborar unha enquisa propia sobre usos lingüísticos cos estándares da Enquisa de Usos Lingüísticos da Poboación (EULP), que sitúa no 60,7 % a poboación que emprega habitualmente o catalán, só ou combinado con outras linguas. O estudo amosa unha presenza destacada da lingua en ámbitos como o traballo, o comercio, a restauración ou a atención médica, aínda que só unha de cada catro persoas mantén o catalán cando recibe resposta en castelán. O Concello considera que os datos son positivos mais insuficientes, polo que chama a reforzar o uso social da lingua en todas as interaccións cotiás.
Fonte: Diari de la Llengua
Sección:



