Mérida acollerá o 8 de agosto o primeiro Encontro de Municipios pola Lingua Maia, que reunirá representantes de cinco localidades para compartiren experiencias e acordaren medidas de revitalización. A xornada prevé mesas de traballo sobre a presenza do idioma nos servizos públicos, no emprego e na vida comunitaria. O programa tamén abordará a súa incorporación ás novas tecnoloxías, nun contexto marcado pola perda da transmisión familiar e pola discriminación histórica.
Fonte: Sol Yucatán
Sección:



