Novas

O departamento francés dos Pireneos Orientais rexeita en consulta cambiar a súa denominación por Pireneos Cataláns
03 de setembro de 2026

O departamento francés dos Pireneos Orientais rexeita en consulta cambiar a súa denominación por Pireneos Cataláns

O departamento manterá a denominación de Pireneos Orientais tras unha consulta na que esta opción obtivo o 47 % dos votos, fronte ao 42 % de Pireneos Cataláns. Esta última proposta contaba co apoio de entidades defensoras da lingua, que a consideraban unha oportunidade para reforzar o recoñecemento da identidade catalá do territorio. A votación rexistrou unha participación próxima ao 10 % e o resultado deberá ser ratificado polo Consello de Estado.

Fonte: Diari de la Llengua

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder