Bielsa acollerá do 16 ao 18 de outubro as I Chornatas de l’Aragonés, un encontro destinado a reunir persoas vinculadas coa lingua aragonesa desde ámbitos como a investigación, a creación literaria ou a difusión cultural. A iniciativa promoverá o intercambio de coñecementos mediante relatorios, coloquios e actividades arredor do cinema, a literatura e a música. O obxectivo é xerar un espazo de reflexión colectiva sobre a situación actual do aragonés e o seu valor como patrimonio cultural.
Fonte: El Diario de Huesca
Comunidade:
Sección:



