A empresa DuckDik lanzou unha pulseira de saúde que permite ás persoas usuarias escoller entre galego, éuscaro, catalán, castelán e valenciano para interactuar coa aplicación asociada. O dispositivo non dispón de pantalla e concentra a comunicación na aplicación, que ofrece os servizos na lingua seleccionada. A iniciativa parte da importancia de facilitar a comprensión das recomendacións relacionadas coa saúde na lingua habitual de cada persoa.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Comunidade:
Sección:



